terça-feira, 1 de junho de 2010

TEMOS A COMPOSTELA!!!!!!!!!SOMOS UNS PEREGRINOS CUMPRIDORES!!!!jijijiji

Esta credencial é só para os peregrinos a pé, bicicleta ou a cabalo, que desexan facer a peregrinación con sentido cristiano, aínda que só sexa en actitude de búsqueda. A credencial ten o obxectivo de identificar ao peregrino.
A Compostela é a certificación oficial, co nome do peregrino escrito en latín, que otorga a igrexa católica á xente que realiza o Camiño con motivacións relixiosas. Para obtela, é necesario acreditar que se recorríu a pé, en bicicleta ou a cabalo unha parte do Camiño de Santiago, 100 kilómetros a pe ou a cabalo, e alo menos 200 en bicicleta.A acreditación consíguese ensinando a Credencial del Peregrino, que recollen os selos que confirman o cumprimento das etapas, e que se poden conseguir en albergues, parroquias ou refuxios. Se non se obtén, pódese presentar un diario de ruta, coas firmas e selos do Camiño. A traducción o idioma galego do texto dí así:
"O Cabildo desta Santa Apostólica e Metropolitana Igrexa Catedral Compostelana custodio do selo do Altar de Santiago Apóstol, a tódolos Fieis e peregrinos que chegan dende calquer parte do Orbe da Terra con actitude de devoción ou por causa de voto ou promesa ata a Tumba do Apóstolo, Noso Patrón e Protector das Españas, acredita ante tódolos que observen este documento que: D. …………… visitou devotamente este sacratísimo Templo con sentido cristiano (pietatis causa). En fe do cal lle entrego o presente documento refrendado co selo desta misma Santa Igrexa. Dado en Santiago de Compostela o día.........mes...............ano do Señor.......... O Secretario Capitular"
E nós conseguímola!!!!!!!!!!estamos moi contentos!!!e o celebramos coa Tuna de Santiago!!!aquí vos deixamos ata a próximaaaaaaaaaaa!!!!

http://www.youtube.com/watch?v=X1YE-2obldE&feature=related

Sem comentários:

Enviar um comentário