sexta-feira, 26 de março de 2010

FINAL DO SEGUNDO TRAMO DO CAMIÑO!!FELICES VACACIÓNS!!!

Pois agora sí, despedídomonos cun "ata logo" e vos desexamos a todos e a todas unha FELIZ SEMANA SANTA e unhas felices vacacións!!!Os pequenos arquitectos imos descansar despois do duro traballo que fixemos neste 2º tramo do camiño!!A verdade é que o merecemos!!!


Volveremos con moita máis forza para rematar este camiño cos mellores resultados!!Un bico a todos e a todas e vémonos á volta!!!


Ímonos cos nosos maletíns cheos de todo o aprendido...e esperamos enchelos máis!!!!

PASADEO BEEEEEEEEEEEEEEEEEN!!!

quinta-feira, 25 de março de 2010

PARA SABER MÁIS...LENDA DO COELLIÑO DE PASCUA



Conta a lenda que cando sepultaron a Xesús, dentro da cova había un coello escondido, que moi asustado vía como toda a xente entraba, choraba e estaba triste porque Xesús morrera.

O coello quedou aí vendo o corpo de Xesús cando puxeron a pedra que pechaba a entrada e o vía preguntándose quen sería ese Señor a quen querían tanto todas as persoas.

Así pasou moito anaco, véndoo; pasou todo un día e toda unha noite, cando de pronto, o coello viu algo sorprendente: Xesús ergueuse e dobrou as sabas coas que o envolveran. Un anxo quitou a pedra que tapaba a entrada e Xesús saíu da cova ¡ máis vivo que nunca!

O coello comprendeu que Xesús era o Fillo de Deus e decidiu que tiña que avisar ao mundo e a todas as persoas que choraban, que xa non tiñan que estar tristes porque Xesús resucitara.

Como os coellos non poden falar, ocorréuselle que se lles levaba un ovo pintado, eles entenderían a mensaxe de vida e alegría e así fíxoo.


Dende entón, conta a lenda, que o coello sae cada Domingo de Pascua a deixar ovos de cores en todas as casas para recordalo ao mundo que Xesús resucitou e hai que vivir alegres.

A PASCUA ADIANTOUSE NO NOSO COLE!!VISITOUNOS O COELLIÑO DE PASCUA!!!!

Hoxe visitounos o coelliño de Pascua...e preguntarédesvos...por qué tan pronto??? Pois porque ten que seguir repartindo os ovos a outros nenos e nenas e como mañán marchamos de vacacións pois...quíxose despedir e deixarnos uns oviños de chocolate que tivemos que buscar polo cole!!mirade mirade!!!


domingo, 21 de março de 2010

PRIMAVERA DE CORES, OLORES E SABORES!!BENVIDA!!!!



OS NENOSDE 3 ANOS! (4º de Infantil)

OS NENOS DE 4 ANOS! (5º de Infantil)

sexta-feira, 19 de março de 2010

FELIZ DÍA DO PAI!!!19 DE MARZO DO 2010



Feliz Día do Pai!!! QUE TEÑADES UN DÍA MOI ESPECIAL XUNTO C@S VOS@S PEQUEN@S ARQUITECT@S!!!

quinta-feira, 11 de março de 2010

"LA RATITA PRESUMIDA"

Olaaaaaaaaa!!!Hoxe fomos ao colexio LA SALLE a ver unha obra moi coñecida e a cal as nosas mestras nos teñen contado moitas veces: LA RATITA PRESUMIDA. Gustounos moito e había moitos nenos e nenas doutros coles!!Aquí vos deixamos unhas fotiños e un vídeo para que vexades!




video






segunda-feira, 8 de março de 2010

MURAL DA MULLER

Os nenos e nenas de 3 e 4 anos buscaron fotografías de MULLERES TRABALLANDO en xornais e revistas. Os de 5 anos navegaron na páxina de flickr e atoparon profesións moi diferentes: policias, tecedoras, pintoras, pescadoras...






Coa información recollida elaboramos un mural que colocamos na entrada do colexio.

HOXE, 8 DE MARZO, DÍA DA MULLER TRABALLADORA!!!FELICIDADES A TODAS!!!



Hoxe 8 de marzo celebramos o día da Muller Traballadora!!data recoñecida pola ONU (Organización das Nacións Unidas).Neste día conmemórase a loita da muller pola súa participación, en pé de igualdade co home, na sociedade e no seu desenrrolo íntegro como persoa... FELICIDADES A TODAS!!!!