
Conta a lenda que cando sepultaron a Xesús, dentro da cova había un coello escondido, que moi asustado vía como toda a xente entraba, choraba e estaba triste porque Xesús morrera.
O coello quedou aí vendo o corpo de Xesús cando puxeron a pedra que pechaba a entrada e o vía preguntándose quen sería ese Señor a quen querían tanto todas as persoas.
Así pasou moito anaco, véndoo; pasou todo un día e toda unha noite, cando de pronto, o coello viu algo sorprendente: Xesús ergueuse e dobrou as sabas coas que o envolveran. Un anxo quitou a pedra que tapaba a entrada e Xesús saíu da cova ¡ máis vivo que nunca!
O coello comprendeu que Xesús era o Fillo de Deus e decidiu que tiña que avisar ao mundo e a todas as persoas que choraban, que xa non tiñan que estar tristes porque Xesús resucitara.
Como os coellos non poden falar, ocorréuselle que se lles levaba un ovo pintado, eles entenderían a mensaxe de vida e alegría e así fíxoo.

Dende entón, conta a lenda, que o coello sae cada Domingo de Pascua a deixar ovos de cores en todas as casas para recordalo ao mundo que Xesús resucitou e hai que vivir alegres. 

Sem comentários:
Enviar um comentário