sexta-feira, 11 de junho de 2010

A CASA DOS PEIXES NA CORUÑA!!!!

Hoxe fomos de excursión á CASA DOS PEIXES na Coruña e pasámolo xenial!!!Aínda que choveu moito e non puidemos desfrutar dos golfiños...pero..desfrutamos doutros animaliños do mar como polbos, estreliñas, medusas, raias, cabaliños, "nemos" e ata de Gastón!!!un tiburón touro macho que mide 3 metros e pesá máis de 100 quilos!!!ooooooooohhhhhhhhhh!!!

O Aquarium Finisterrae atópase na beira do oceáno Atlántico, a carón do histórico faro da Torre de Hércules.Toda a costa galega nun museo: na Casa dos Peixes tamén viven os pescadores, os mercados, as cancións mariñeiras... Incluso o espectacular entorno natural é unha parte máis do museo.

Recomendámoslle a todo o mundo que o visite porque a verdade é que é espectacular!!!!!

Sem comentários:

Enviar um comentário