quinta-feira, 20 de maio de 2010

EU SON...UN PEQUENO VAN GOGH!!! JE SUIS... UN VAN GOGH PETITS!!! IK BEN... EEN VAN GOGH KLEIENE!!!!!







Dende Venezuela, pasando por Brasil e México da man do proxecto do "CHOCOLE", viaxamos ata Holanda para depois chegar a Francia para falar de...Van Gogh!!! oh Van Gogh!!! ese artista que pintou tantos cadros de xirasoles que estamos abraiados!!! esa luz!!esas cores!!! unha maravilla!!! e nós, como pequenos artistas, sabemos valorar cada detalle!!!

Vicent Van Gogh, pintor holandés, foi un dos grandes mestres da pintura. Pronto marcharía para Francia donde creceu o seu amor pola pintura....Precisamente foi en Francia donde pintou o seu cadro "Jarrón con 15 girasoles", pintado en lienzo e que nos reproducimos dándolle un toque da nosa personalidade :)
A pintura mostra xirasoles en todas as etapas da súa vida, dende plenamente en flor ata que se murchan. Como expertos que somos, podemos dicir que as pinturas foron innovadoras no uso de todo o espectro da cor amarela, que Van Gogh emprega nunha gama cromática conxunta con laranxas, ocres, marrons, beixe, etc. A cor está aplicada con pinceladas fortes, agresivas, en pequenos toques salteados, destacando a plasticidade da pintura, que crea un fino relevo na tea, para dar volume aos xirasoles. Para resaltar o amarelo e a laranxa, emprega verde e azul ceo nos contornos, creando un efecto de suave intensidade lumínica.
Nos nosos lienzos poderedes ver esas cores e esas pinceladas fortes, obras nosas que fixemos en homenaxe a este gran artista!!!!aquí vos deixamos as nosas obras e o noso traballo porque... EU SON...UN PEQUENO VAN GOGH!!!!!!..........e por qué non???
Esperamos que vos gusten!!!!







Sem comentários:

Enviar um comentário