terça-feira, 18 de maio de 2010

DESPOIS DO GRAN SOÑO...OS CONTOS DO CAMIÑO...

O programa europeo 'Os Contos do Camiño' coordinado pola editorial galega OQO e apoiado pola S.A. de Xestión do Plan Xacobeo chega a Galicia para difundir entre os escolares o patrimonio inmaterial e artísticos das diferentes Rutas Xacobeas a través de contos de tradición oral.
As actividades desenrrólanse durante o mes de maio e a primeira semana de xuño (do 4 de maio ao 4 de xuño) no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) que acollerá os obradoiros de "O arte no camiño e Ilustrar un conto con..." e na Biblioteca Pública Ánxel Casal, na que se desenrrolará "Un camiño de contos".
Desfrutamos moitísimo!!cantamos e incluso bailamos un pouquiño!!!pasámolo moi ben!!!




Sem comentários:

Enviar um comentário