quarta-feira, 26 de maio de 2010

CAMIÑO DE SANTIAGO ENTRE CONTOS E GRANDES SOÑOS...






Ola a tod@s!!!

Dende Francia (o país no que vivíu o noso colega Van Gogh moitos anos) imos partir para facer o Camiño de Santiago!!

Este ano é o Ano Santo de Galicia (XaCoBeO 2010) e cómo esquecernos diso!!que temos o cole e Santiago de Compostela!!!!!!

quinta-feira, 20 de maio de 2010

EU SON...UN PEQUENO VAN GOGH!!! JE SUIS... UN VAN GOGH PETITS!!! IK BEN... EEN VAN GOGH KLEIENE!!!!!







Dende Venezuela, pasando por Brasil e México da man do proxecto do "CHOCOLE", viaxamos ata Holanda para depois chegar a Francia para falar de...Van Gogh!!! oh Van Gogh!!! ese artista que pintou tantos cadros de xirasoles que estamos abraiados!!! esa luz!!esas cores!!! unha maravilla!!! e nós, como pequenos artistas, sabemos valorar cada detalle!!!

Vicent Van Gogh, pintor holandés, foi un dos grandes mestres da pintura. Pronto marcharía para Francia donde creceu o seu amor pola pintura....Precisamente foi en Francia donde pintou o seu cadro "Jarrón con 15 girasoles", pintado en lienzo e que nos reproducimos dándolle un toque da nosa personalidade :)
A pintura mostra xirasoles en todas as etapas da súa vida, dende plenamente en flor ata que se murchan. Como expertos que somos, podemos dicir que as pinturas foron innovadoras no uso de todo o espectro da cor amarela, que Van Gogh emprega nunha gama cromática conxunta con laranxas, ocres, marrons, beixe, etc. A cor está aplicada con pinceladas fortes, agresivas, en pequenos toques salteados, destacando a plasticidade da pintura, que crea un fino relevo na tea, para dar volume aos xirasoles. Para resaltar o amarelo e a laranxa, emprega verde e azul ceo nos contornos, creando un efecto de suave intensidade lumínica.
Nos nosos lienzos poderedes ver esas cores e esas pinceladas fortes, obras nosas que fixemos en homenaxe a este gran artista!!!!aquí vos deixamos as nosas obras e o noso traballo porque... EU SON...UN PEQUENO VAN GOGH!!!!!!..........e por qué non???
Esperamos que vos gusten!!!!







terça-feira, 18 de maio de 2010

HOXE NOS ACOMPAÑA POLO CAMIÑO...ANXO FARIÑA!!!BENVIDO!!!!!


Anxo Fariña (escritor galego que naceu en Vigo) veu hoxe ao centro a falarnos un chisquiño del e da súa obra. Foi moi divertido e a parte de quedarnos claro que é un bo escritor, tamén nos quedou claro que debuxa fenomenal!!jejeje...debuxou a algúns dos nenos e nenas!!jejejeje...


Podedes saber máis del pinchando nestes enlaces!!!


http://centros.edu.xunta.es/ceipapedra/biblioteca/anxofarinha/anxo_farinhae.htm

http://introterrestres.blogspot.com/



DESPOIS DO GRAN SOÑO...OS CONTOS DO CAMIÑO...

O programa europeo 'Os Contos do Camiño' coordinado pola editorial galega OQO e apoiado pola S.A. de Xestión do Plan Xacobeo chega a Galicia para difundir entre os escolares o patrimonio inmaterial e artísticos das diferentes Rutas Xacobeas a través de contos de tradición oral.
As actividades desenrrólanse durante o mes de maio e a primeira semana de xuño (do 4 de maio ao 4 de xuño) no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) que acollerá os obradoiros de "O arte no camiño e Ilustrar un conto con..." e na Biblioteca Pública Ánxel Casal, na que se desenrrolará "Un camiño de contos".
Desfrutamos moitísimo!!cantamos e incluso bailamos un pouquiño!!!pasámolo moi ben!!!




segunda-feira, 17 de maio de 2010

17 DE MAIO!!!DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!CELEBRACIÓN 2010 Á HONRA DE UXÍO NOVONEYRA!!!

O Poeta da Terra, levou ao Caurel no seu corazón e a súa obra, mantendo unha imaxen pura, profunda, inmensamente rica e vital. Foi o depositario da Antiga Herdanza, dos Deuses, nuns momentos de suma dificultade e oscuridade, supo darlle a súa verdadeira dimensión ao Caurel e mostralo ao mundo, tal como é, misterioso, amigable, paradisíaco, ... onde cada compoñente da naturaleza se comunica co visitanteo lugareño, con toda naturalidade e nobreza, como só Uxío, sabe facer. Apoiamos a súa candidatura para o Día Das Letras Galegas, POR SER O MÁIS GRANDE, entre os grandes, como non podía ser doutra maneira. ¡VAI POR CAUREL! ¡POR UXÍO NOVONEYRA!


quarta-feira, 12 de maio de 2010

AS FLORES DE MAIO ALEGRAN O ÁNIMO!!!!Unha pequena homenaxe a este mes das flores.

O mes de maio comeza a decorar Galicia coas súas flores e plantas, esas cores que decoran a nosa paisaxe fai que a nosa terra se vexa máis fermosa ca nunca!!! Por iso, os nenos e nenas de infantil queremos facerlle a nosa particular homenaxe a este mes con estas fotiños!!!

segunda-feira, 10 de maio de 2010

AIIIIII!!!ESAS PIZZAS ITALIANAS!!!E ESES CROISSANTS FRANCESES!!QUÉ COMILONAAAAAAAAAAAAA!!!

Os nenos e nenas de todo o ciclo de infantil desfrutamos dun día de comilona: Pizzas e Croisssants!!!uuuuuuuummmmmmmmm!!!
Os nenos e nenas de 5º de Infantil trouxeron os ingredientes de Italia e entre tod@s fixemos as pizzas no cole!!!e saíronnos boísimas!!!!!
Tamén desfrutamos duns doces franceses como son os CROISSANTS!!!!! que trouxeron os nenos e nenas de 4º de Infantil do seu viaxe a Francia!!!pasámolo xenial e puxémonos as botas!!!!!mirade mirade!!!!!