terça-feira, 22 de junho de 2010

ATA SEMPRE MEUS PEQUEN@S ARQUITECT@S!!

Xa chegamos ao final do curso, un ano cheo de ilusións, esforzos, alegrías, traballos e emocións...o meu primeiro ano como mestra nun cole!!!!!
Fai case un ano que sabía que tiña que vir para o cole da Sionlla e a verdade tiña os meus medos e inquetudes, e agora que rematou o curso teño que decir ... GRAZAS, GRAZAS, GRAZAS!!!Fun moi ben acollida por todos e todas, tanto compañeir@s coma polas familias, ás cales lles teño que dar as grazas pola súa confianza.E que decir dos meus nenos e nenas ... SON OS MELLORES!!!!!!!Os meus pequenos arquitectos de 4º de infantil!!!un pracer haber estado con tod@s vos!!!Agora irei para outro cole e estarei con outr@s nen@s, pero esté onda esté sempre terei un bo recordo de todos e todas vós. Todo o que fixemos e conseguimos dende principio de curso ata o final foi grazas a vosa colaboración, a vosa comprensión, a vosa participación e sobre todo, a todo o voso AMOR E CARIÑO!!!! Sen todos e todas vós non sería posible nada de todo o que fixemos!!!!MOITAS GRAZAS!!!Conseguistedes que teña máis ilusión pola miña profesión e que nunca me rinda por aquelo polo que creo.AGORA SEREI EU A QUE SEGUIREI AS VOSAS PEQUENAS OBRAS ARQUITECTÓNICAS!!!!nunca vos olvidarei!!!GRAZAS POR ESTE ANO!!!QUÉROVOS MOITO!!!!!!UN BICO PARA TOD@S!!!
Vanessa B.F.

sexta-feira, 11 de junho de 2010

A CASA DOS PEIXES NA CORUÑA!!!!

Hoxe fomos de excursión á CASA DOS PEIXES na Coruña e pasámolo xenial!!!Aínda que choveu moito e non puidemos desfrutar dos golfiños...pero..desfrutamos doutros animaliños do mar como polbos, estreliñas, medusas, raias, cabaliños, "nemos" e ata de Gastón!!!un tiburón touro macho que mide 3 metros e pesá máis de 100 quilos!!!ooooooooohhhhhhhhhh!!!

O Aquarium Finisterrae atópase na beira do oceáno Atlántico, a carón do histórico faro da Torre de Hércules.Toda a costa galega nun museo: na Casa dos Peixes tamén viven os pescadores, os mercados, as cancións mariñeiras... Incluso o espectacular entorno natural é unha parte máis do museo.

Recomendámoslle a todo o mundo que o visite porque a verdade é que é espectacular!!!!!

quinta-feira, 10 de junho de 2010