quarta-feira, 24 de fevereiro de 2010

HOXE, DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO!!!!

Hoxe celebramos no cole o 173 aniversario de Rosalía de Castro, a nosa escritora galega máis universal!!


Soubemos un pouquiño más da súa vida entrando na páxina www.rosaliadecastro.org

Invitámosvos a entrar!!!!


Pola tarde, na sala de audiovisuais, recital poético.




terça-feira, 23 de fevereiro de 2010

PARAUGAS PARA ESTES DÍAS DE MOOOOOOOITA CHUVIA!!!!

Ola amigos!!Son Yago de 4º de Infantil e como podedes observar está a chover moito moitísimo estes días por toda Galicia, e como tamén poderedes obsevar, este paraugas é moi grandeeeeee!!casi non podo con él!!e así non podo transmitir este arquireportaxe dende Santiago!!!rapaceeeeeeeesss!!!víndeme axudar con este paraugas!!!
E ahí estiveron os meus compañeiros e compañeiras para axudarme co paraugas pero...ummmm...somos moitos para un paraugas só así que...qué podemos facer???pois...FABRICAR UNS!!!e é o que fixemos!!mirade!!!!!








Mirade!tédelos de estreliñas amarelas, grises, verdes, azuis e vermellas!!así que tedes donde elexir!!!!!jejeje...

segunda-feira, 22 de fevereiro de 2010

ARQUIREPORTAXE: OS DESASTRES DO TEMPORAL NO NOSO COLE...


Aquí estou para retransmitir as ultimas novas dende o CEIP Arquitecto Casas Novoa...Onte ao mediodía houbo un temporal moi forte de vento e choiva que acabou arrancando unha das árbores do nosos centro que medía uns 15 metros de altura. A continuación enseñámosvos as imaxes do desastriño resultado dese temporal que polo que se ve, vai continuar toda a semana.. .sobre todo o mércores e o xoves segundo as prediccións...aaaaaaaiiiiiiiii!!!!


Como podedes observar, está todo inundado e a pobre árbore desfeita...dounos moita pena!!! esperemos que non pase máis!!!
Ata aquí a miña reportaxe, seguiremos informando!!





domingo, 21 de fevereiro de 2010

ENTROIDO OS SEMÁFOROS






QUE SERÍA UNHA CIDADE SEN SEMÁFOROS? OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS EXPLÍCANNOS A IMPORTANCIA DOS SEMÁFOROS.
RECORDA, SE O BONECO ESTÁ VERMELLO NON CRUCES,NON SEXAS TOLO; SE O BONECO ESTÁ VERDE CRUZA SEN DETERTE PERO COMPROBA ANTES QUE TODOS OS COCHES SE PAREN!!!

ENTROIDO CHINO







OS CHINITOS E CHINITAS DE 4 ANOS ESTABAN GUAPÍSIMOS E GUAPÍSIMAS!!!

sexta-feira, 12 de fevereiro de 2010

ENTROIDO 2010!!DE FESTAAAAAAAAAAAAAAA!!


Aquí vos amosamos O Festival de Entroido do cole!!pasámolo xenial!!!!!Esperamos que vos gusten e que o disfrutedes porque nos...O DISFRUTAMOS A TOPE!!!!aaaaaaahhh!!esquecíaseme!!!!!o partido quedou así: HORTA GALEGA FUTBOL CLUB 5- BOLLOS INDUSTRIAIS 0!!!!!!QUE VIVAN OS PRODUCTOS DA TERRA GALEGA!!!!E grazas aos chinitos e chinitas por animarnos eh!!!!e sen non fora polos semáforos non chagabamos ao partido sans e salvos!!!un bico e pasadeo beeeeeeeeeeeeen!!






terça-feira, 9 de fevereiro de 2010

RECEITAS DE ENTROIDO!!UMMMMMMM...QUÉ RICO!!!

Filloas

Ingredientes:

- 5 ovos
- 2 litros de leite
- 200 gramos de fariña
- un cacho de touciño
- sal
- azucre

Elaboración:

Bate os ovos e mestúraos co leite e coa fariña, ata que quede feita unha crema líquida. Engade un chisco de sal. Colle despois o filloeiro ou unha tixola e úntaa con touciño ou graxa de porco. Reparte ben a crema líquida por toda a superficie, intentando que a filloa quede fina. Cando os bordos se despeguen sós, xa está dourada por un lado, así que dálle a volta ata que se doure polo outro.

Se as queres doces, coloca as filloas nun prato e bótalles azucre por riba.

Orellas

Ingredientes:

- 1 ovo enteiro
- 2 xemas e 2 claras montadas
- 1 vaso de leite
- medio quilo de fariña
- 100 g de azucre
- 50 g de manteiga fundida
- unhas pingas de anís
- a rela dun limón

Elaboración:

Mestura todos os ingredientes nun recipiente ata conseguir unha pasta compacta que non se pegue nas mans. Tápaa e déixaa repousar unha hora. Despois colócaa nunha superficie con fariña e estira a masa o máximo posible, intentando que quede unha masa moi finiña. Córtaa en forma triangular ou de orella de porco e bótaa nunha tixola con abundante aceite quente (se é posible, de oliva). Cando estean douradas é que xa están listas. Retíraas a unha fonte e bótalle azucre por riba.

Cocido

Ingredientes:


- 300 g de lacón
- 1 costela de porco
- medio polo
- media cachucha de porco
- 4 chourizos
- 100 g de touciño
- unto
- 400 g de patacas
- 400 g de verdura (grelos, nabizas, repolo...)
- 300 g de garavanzos
- un dente de allo
- 6-8 culleres de aceite
- 1 chisco de pemento doce

Elaboración:

Colle unha ola grande e énchea ata o medio de auga. Cando ferva, bota o unto, co que se consegue aumentar o sabor do cocido. Unha vez que se vaia desfacendo o unto, engade o lacón, que precisará de dúas horas de cocción a medio lume.
Despois bota a costela de porco, co touciño e o medio polo para que cozan durante uns dez minutos. Engade a seguir as verduras e os garavanzos (que xa estarían a remollo do día anterior).

Deixa que coza todo durante uns minutos e engade as patacas. Cando as patacas case estean cocidas, só nos faltaría engadir os chourizos, que necesitan un cuarto de hora para facerse. Unha vez que estea o cocido, escórreo e sírveo nunha fonte grande, á que lle podes engadir un chisco de pemento doce.

A auga do cocido podes aproveitala para faceres unha sopa.

VEÑA!!MAMIS,PAPIS E PEQUENOS!!!TODOS A COCIÑAR QUE ESTAMOS EN SEMANA DE FESTA!!!

SEMANA DE ENTROIDO!!MÁNS Á OBRA!!

A raíz da charla que nos dou Sebas (o médico da organización MSF) sobre os nenos e nenas que desgraciadamente non teñen moitos alimentos para comer, na aula de 3 anos comezamos a falar un pouquiño da importancia de comer, dunha boa alimentación (o importancia de inxerir froita, verdura, cereais,…), de non despreciar a comida que nos dan…e claro, aproveitando este tema ocurríusenos a idea de disfrazarnos de alimentos, concretamente de hortalizas…e para máis, ocurríusenos formar un equipo de fútbol con elas: HORTA GALEGA FÚTBOL CLUB!!!! No equipo temos a COLIFLOR, LEITUGA, BRÉCOL, CHAMPIÑÓN, RAVO, PORRO, TOMATE, PATACA, PEMENTO AMARELO, CENORIA, REMOLACHA, BERENXENA, CEBOLA, REPOLO e ALLO!!!Temos un equipazo!!!!!O xoves xogamos un partidiño contra os bollos industriais, xa vos contaremos o venres como quedou o resultado!!!jejejeje…seguiremos informando...








VS





(Un segredo...amosarémosvos as fotos do equipo...pero shhhhhhhhh!!non llo digades a ninguén eh!!)


ATENCIÓN!!NOTICIA NA VOZ DE GALICIA: IMPLANTACIÓN DA XORNADA ÚNICA

El colegio de A Sionlla, el único público con jornada partida, vota implantar la continuada.
Las familias elegirán el día 25 si son partidarias de este tipo de organización.


Autor: La Voz De Galicia
Fecha de publicación: 9/2/2010

Lo ha intentado en más ocasiones, pero el colegio de infantil y primaria Arquitecto Casas Novoa, en A Sionlla, volverá a votar el próximo día 25, jueves, la implantación de la jornada continuada en el centro, en concreto con el horario de 9.30 a 16.30 horas. Por el momento esta propuesta ya fue aprobada por el claustro y el Consello Escolar, con un 100% y un 90% de sus respectivos censos, y ahora deberán ser los padres los que den el visto bueno.

Se da la casualidad de que el colegio de A Sionlla es el único público en el concello de Santiago que todavía conserva la jornada partida. El problema de los centros que tienen transporte escolar es que se ven completamente condicionados por este servicio, por lo que desde Educación no se permiten los cambios de jornada.

Varios intentos

De hecho, hasta el momento la incompatibilidad del transporte con otros centros del entorno no permitieron que se llevase a cabo un informe favorable por parte del servicio de recursos educativos complementarios de la Xunta, para una propuesta que contemple una hora de entrada anterior a a las 9.45 de la mañana.

El pasado mes de octubre un representante de la Consellería de Educación se comprometió a revisar la organización del transporte para permitir que se presente una propuesta de entrada entre las 9 y las 9.30 horas.

Desde el centro escolar confían que en esta ocasión sea la comunidad educativa del colegio y no las empresas del transporte quien determina la jornada del centro, «poñendo así remate a unha situación de discriminación e agravio comparativo cos demais centros composteláns», señalan.

www.lavozdegalicia.es/santiago/2010/02/09/0003_8283154.htm#

segunda-feira, 8 de fevereiro de 2010

SEMANA DE ENTROIDO!!!para saber un pouquiño máis...

O entroido, antroido ou carnaval é unha festa de carácter tradicional que se celebra entre os meses de febreiro e marzo, coincidindo co período inmediatamente anterior á Coresma (tempo de xaxún de 40 días anteriores á Pascua, conforme o calendario cristián).

O Entroido celébrase en Galiza con características particulares, con disfraces e esmorgas moi diferenciadas entre diversas poboacións: son coñecidos os antroidos de Xinzo de Limia, Laza, Verín, Vila de Cruces, A Estrada, Vilaboa e outros moitos, algúns dos cales están cualificados de acontecemento turístico nacional polo Ministerio de Turismo.


Esta festa,ao variar conforme a Pascua e a Coresma, non ten datas fixas. O martes de antroido adoita coincidir en febreiro ou nos primeiros días de marzo, pero as celebracións relacionadas poden comezar xa en xaneiro. É o que se coñece como ciclo do entroido e que ten nas diferentes vilas de Galiza distintas extensións. Tense tomado como referencia o entroido de Xinzo como o máis longo, se ben a súa distribución en cinco semanas é común a boa parte das comarcas centrais ourensás, como Maceda, ademais de na realidade non ser o ciclo máis longo pois éste é en Laza onde o ciclo comeza según se dan as campaadas o dia de ano novo co primeiro folión. Tamén son en ocasións mais longos que o entroido de Xinzo o entroido de Verín e o entroido de Vilariño de Conso, según en que momento de febreiro ou marzo caiga o entroido pois en Verín o ciclo da comezo o día de San Antón (17 de xaneiro) e en Vilariño de Conso o ciclo da comezo o día de Candelas (2 de febreiro).


As súas datas fundamentais, por orde, son:

Domingo fareleiro
Domingo oleiro
Xoves de compadres
Domingo corredoiro
Xoves de comadres
Domingo de antroido
Luns de antroido
Martes de antroido
Mércores de cinza
Domingo de piñata

Non en todas as vilas se conservan ou existiron nunca todas estas festividades. Ademais, aínda que os días grandes adoitan ser o domingo e o martes de antroido, noutras localidades, como Laza, a data referencial é o luns de antroido....

Algún éxico do entroido:

Debido á enorme riqueza etnográfica e léxica de Galiza, as definicións que aquí se recollen teñen un carácter xenérico e poden presentar múltiples cambios ou variedades segundo os lugares.

ANDROLLA: embutido típico do Entroido no interior de Galicia, que se fai coa tripa gorda do porco reenchida con costela, ósos e carne picada de porco, adubados con pemento, sal, allo e loureiro e curado ao fume.

BOTEIRO: personaxe do Entroido de Viana do Bolo que leva unha pesada máscara formada por unha carauta negra tallada en madeira cuns pequenos cornos, un gran sorriso e unha pantalla frontal colocada por riba da cabeza, feita con arame e cartón e adornada con figuras xeométricas, fitas e papeis de formas e cores variadas.Viste un pantalón vermello con flocos nos lados, camisa bordada e adornada con fitas de cores, faixa con picos e borlas, e un cinto con campaíñas. É a figura principal do folión. Tamén se dá en Vilariño de Conso, con algunhas diferenzas.

BOTELO: embutido típico do Entroido, xeralmente na Galicia interior, elaborado con carne do porco non moi graxa, ósos da soá, rabo e algo de costela, todo adubado con pemento e sal, e embuchado no estómago do porco ou nas tripas grosas, que logo se cura ao fume e ao aire.

CACHEIRA: cabeza de porco salgada e, frecuentemente, afumada. É un ingrediente habitual dos cocidos, sobre todo no Entroido. Tamén se lle chama cachola ou cachucha.

CARAUTA: obxecto con forma de cara, humana, animal ou fantástica, que se emprega para cubrir o rostro e non ser recoñecido. Tamén recibe os nomes de careta, caranta, carantoña ou máscara.

CHARRÚA: personaxe do Entroido de Allariz, que vai disfrazado de xeito estrafalario con roupa vella de moito colorido e carauta, que tradicionalmente ía pedindo viño e chourizos. Ten por misión enzoufar os zapatos da xente.

CHICOTES: especie de xiringas feitas con canas de sabugueiro e un émbolo de estopa, que se empregaban para lanzar auga o domingo corredoiro.

CHOCALLO ou CHOCA: especie de campá de diferentes tamaños que levan os animais penduradas do pescozo, e que adoitan formar parte do vestiario dalgunhas máscaras do Entroido.

CHOQUEIRO ou CHOCALLEIRO: personaxe do Entroido propio do oriente da provincia de Ourense que, segundo os lugares, se denomina máis frecuentemente cigarrón ou peliqueiro.

CICLO DO ENTROIDO: período de tempo en que se celebra o Entroido, xeralmente ao longo do mes de febreiro ou inicios de marzo, e con diferente duración segundo os lugares. Partindo do de Xinzo de Limia, que é o que se considera o máis longo, as súas datas fundamentais, aínda que non se celebran todas en todos os lugares, son, por orde cronolóxica: Domingo Fareleiro, Domingo Oleiro, Xoves de Compadres, Domingo Corredoiro, Xoves de Comadres, Domingo de Entroido, Luns de Entroido, Martes de Entroido, Mércores de Cinza e Domingo de Piñata, dos que o domingo, o luns e o martes de Entroido se consideran os días grandes.

CIGARRÓN: personaxe do Entroido, tamén coñecido como peliqueiro, choqueiro ou chocalleiro, segundo os lugares, típico da zona de Verín e Laza. É en Verín onde se tende a designar como cigarrón, que golpea a xente cun látego ou cun pau rematado nunha vexiga, levántalles as saias ás rapazas e obriga a quen captura a convidalo a viño. É “intocable” por parte do público e mantén a súa identidade no anonimato. Viste camisa branca, gravata vermella, chaquetiña curta de seda con adornos dourados e panos de cores, faixa de seda sobre a que vai un cinto de coiro con cinco ou seis chocas de gran tamaño, calzón curto de seda con borlas de la de variadas cores, ligas, medias brancas de fantasía e zapatos baixos e negros. Leva unha carauta feita de madeira cunha especie de mitra de latón na que están pintados distintos animais.

DOMINGO CORREDOIRO: domingo anterior ao de Entroido en que se celebraba a corrida do galo, que consistía en pendurar a ave dunha corda tendida para que os mozos lle arrincasen a cabeza.

DOMINGO DE ENTROIDO: domingo anterior ao Martes de Entroido, no que se come en abundancia, especialmente carne de porco, para dar paso á Coresma.

DOMINGO DE PIÑATA: celebración especialmente urbana, que ten lugar o primeiro domingo de Coresma, en que se tenta romper unha piñata cun pau e cos ollos tapados.

DOMINGO FARELEIRO: día en que principia o ciclo do Entroido. Recibe o nome de domingo fareleiro, borralleiro ou das trapalladas, segundo os lugares, e dependendo do material co que se saia á rúa para enzoufar a xente: fariña, borralla, chicotes, betume, ovos podres, lama, feluxe e mesmo formigas.

DOMINGO OLEIRO: segundo domingo en que se practica o xogo das olas, no que os participantes, colocados en círculo, se van pasando recipientes de barro cheos de viño, auga ou fariña. Quen os deixe caer debe pagar unha rolda de viño ou unha merenda.

ENCONTROS: batallas verbais entre dous "exércitos" dirixidos por cadanseu xeneral, que se celebran na comarca da Ulla, nos concellos de Teo, Vedra, Boqueixón, A Estrada e Vila de Cruces, e mesmo nalgunha parroquia de concellos limítrofes de Padrón e Silleda. Parecen ter a súa orixe nos enfrontamentos armados que se deron na zona contra as tropas napoleónicas ou nas guerras carlistas. Os dous "exércitos" establecen un "combate" de coplas e regueifas nas que se satirizan os acontecementos máis destacados da actualidade. O encontro remata con "vivas" a determinados persoeiros, público e veciños, aos que se lles pide unha "colaboración" económica. Tamén se denominan altos, saltos, atranques ou arranques.

ENTERRO DA SARDIÑA: acto que se celebra xeralmente o Mércores de Cinza, derradeiro día do Entroido. Constitúe unha parodia dun enterro católico, no que o "defunto" Entroido está representado por unha sardiña salgada. A comitiva encabézaa un devoto que leva un estandarte de folla de bacallau (en alusión á Coresma vindeira), e tras a caixa vai un crego rezando un responso cun sentido burlesco. As "carpideiras" choran e laméntanse polas liberdades perdidas e polo tempo de penitencia que comeza.

ENTROIDO ou CARNAVAL: festa que parece ter as súas orixes nas celebracións dionisíacas gregas, que logo pasaron a Roma coas bacanais, saturnais e lupercais. Posteriormente foron asimiladas polo cristianismo e pola Igrexa católica relacionouno coa chegada da Coresma. Así, Entroido significaría a ‘entrada’ a este período de abstinencia, co que implicaría unha despedida da “carne”, e que abarcaría os tres días anteriores ao Mércores de Cinza, porta da vixilia, de onde toma o nome de carnaval, ‘quitar a carne’. Sería, pois, un tempo de licenza, transgresión e liberdade plena, no que se permitirían facer cousas prohibidas o resto do ano, criticando e ridiculizando feitos da vida cotiá. De xeito popular nalgúns lugares tamén se denomina Antroido

FELO: personaxe típico do Entroido de Allariz, Castro Caldelas e Celanova, que adoita ir en grupo ataviado cunha casaca negra con fitas de moitas cores, sobre a que vai cruzado un pano, pantalóns bombachos con franxa na liña da perna e polainas. A cabeza vai cuberta cun chapeu de ala, adornado de fitas e pequenos espellos.

FILLOAS ou FREIXÓNS: doce típico do Entroido que se fai con ovos, leite ou auga, fariña e sal ou azucre, segundo as zonas. Nalgúns lugares tamén se lles engade sangue de porco. Este amoado frítese nunha filloeira ou nunha tixola untada con touciño, formando unha capa moi fina. Cómense acompañadas de mel, azucre ou outros ingredientes. Unha variedade son as filloas da pedra, preparadas sobre unha laxe de pedra, que polo xeral son salgadas e en lugar de leite levan un caldo de carne ou auga.

FOLIÓN: grupo de veciños que percorre a aldea facendo un estrondoso balbordo coa axuda de instrumentos rudimentarios de percusión, como aixadas e bombos.

IRRIOS: personaxe característico do Entroido de Castro Caldelas, ataviado con máscara de madeira e frac con grandes botóns e unha pelica, coa que persegue e golpea o público.

LACÓN: pata dianteira do porco, salgada e posta a curar. O lacón con grelos é un dos pratos tradicionais do Entroido, xunto co cocido e toda a variedade de produtos que proveñen do porco: chourizos, cacheiras, androllas, botelos, etc.

MADAMAS e GALÁNS: personaxes típicos do Entroido, especialmente de Cangas e Vilaboa. Representan mulleres e homes extremadamente adobiados e sofisticados, con traxes cunha base branca adornados con colares e fitas de cores, e un sombreiro ou toucado moi rechamante con flores, plumas e abelorios. En Cotobade danse uns personaxes similares denominados madamas e madamitos.

MARTES DE ENTROIDO: día grande do Entroido, xunto co domingo e luns anteriores, nos que se fan as grandes esmorgas e enchentes, os desfiles e saídas de máscaras e os bailes de disfraces.

MÁSCARA: xenericamente, denomínase así o obxecto feito con diferentes materiais que representa unha cara humana, animal ou fantástica, que serve para ocultar o rostro. De forma específica, tamén se emprega para designar os personaxes do Entroido.

MECO: boneco que se queima o Mércores de Cinza nalgúns lugares de Galicia para pechar o Entroido.

MÉRCORES DE CINZA: primeiro día de Coresma no calendario católico, corenta e seis días antes da Pascua.

MORENA: vaca carnavalesca do Entroido de Laza, que ten unha cabeza de madeira con cornos e que vai cuberta cunha pel de carneiro negro.

ORELLAS: doce tradicional do Entroido que se elabora cunha masa de fariña, ovos, azucre, manteiga, anís e limón e á que se lle dá forma de orella tras fritila en aceite.

OSO DE SALCEDO: personaxe do Entroido propio da parroquia de Salcedo, no concello da Pobra do Brollón. O disfrace está feito con peles de animais buscando a semellanza cun oso, que vai asustando a xente na compaña duns "criados".

PANTALLA: personaxe típico do Entroido de Xinzo de Limia, que leva máscara, capa de distintas cores, aínda que normalmente é vermella, camisa branca de felpa, polainas negras, calzón branco, faixa vermella e cinto de coiro do que penduran axóuxeres e campaíñas, que poden chegar a cincuenta e seis. A pantalla, que é propiamente o nome da máscara, está feita de cartón, papel de periódico, feltro, fariña e auga. Realízase nunha soa peza que inclúe a carauta e o gorro ou cucurucho, que presenta unha estrutura ríxida que se dobra de atrás cara a diante que remata na fronte e está adornado con motivos astrais e animais fabulosos. Ten cara de diaño con cornos e rostro burlón, cuns flocos que lle fan de barba.

PELIQUEIRO: personaxe do Entroido, tamén coñecido como cigarrón, choqueiro ou chocalleiro, segundo os lugares. É unha máscara típica de Laza, aínda que tamén se dá en Castro Caldelas. Os seus traxes teñen certas diferenzas segundo os lugares. Leva unha especie de látego feito cun pau e unha pel atada no extremo. A máscara está feita de madeira cunha barba curta de pel negra. A carauta remata cunha especie de mitra de chapa en forma de semicircunferencia pintada con representacións de follas, flores, animais e formas xeométricas. A parte posterior desta mitra é de pel dun animal, e cae pola parte traseira cubrindo a cabeza e parte das costas do peliqueiro e leva dous rabos no seu remate. O resto do traxe está formado por unha camisa branca, gravata rechamante e chaquetiña curta adornada con galóns e xarreteiras douradas, faixa de seda sobre a que vai un cinto de coiro do que penduran seis grandes chocas colocadas na parte traseira e que se fan soar ao moverse. Leva tamén un calzón curto de cores, con seis bandas de flocos arredor, alternando unha banda verde cunha vermella. O pantalón suxéitase con tirantes rechamantes. Leva medias de seda, ligas de veludo e zapatos negros con punta. Camiña a saltos para facer soar as chocas. Son “intocables” para a xente e non poden ser chamados polo seu nome real e, de seren descubertos, poden arremeter e atacar co pau. Non poden sacar a carauta nin deixar de saltar, pois se o fan poden ser collidos e levados á forza á taberna para pagar unha rolda de viños.

PIÑATA: recipiente de barro cheo de doces e lambetadas que se pendura alto mentres a xente, normalmente os rapaces, tenta rompelo cun pau e os ollos vendados.

XENERAL: personaxe do Entroido da comarca da Ulla que vai dacabalo e viste un uniforme militar que lembra os da época napoleónica, con sombreiro e casaca coloridos adornados con medallas e fitas de cores. Van en grupo dirixindo un “exército” e establecen "combates verbais", chamados encontros.

XOVES DE COMPADRES: primeiro xoves do Entroido, no que ten lugar unha simbólica guerra de sexos, na que as mozas fan uns bonecos ridículos con palla e trapos chamados compadres, que defenden dos mozos que tentan apoderarse deles para queimalos.

XOVES DE COMADRES: segundo xoves do Entroido, en que se inverte a loita celebrada o xoves de compadres, sendo os mozos os que protexen as comadres fronte ás mozas.

CANTAS COUSAS SABEMOS AGORA!!!POIS A PASALO BEN NESTAS FESTAS!!!!A DISFRAZARSE E A DISFRUTAR!!!!!