Hoxe celebramos no cole o DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA. No cole fixemos moitas actividades relacionadas co día, entre elas gustarianos destacar unha campaña de recollida de fondos en solidariedade con Haití (colaboración voluntaria e anónima)...O recaudado toda a semana entragarase a unha Organización Non Gubernamental: MÉDICOS SEN FRONTEIRAS (www.msf.es).
Dende esta organización de MSF veunos a dar unha charla Sebe (médico da organización) sobre a traxedia de Haití e a desnutrición que sofren moitos nenos no mundo. Foi unha charla moi emotiva, sincera e real. Dende aquí dámosche as GRAZAS SEBE!!!
A continuación mostrámosvos unha pequena parte das actividades que realizamos para este día. Esperamos que vos gusten!!!
Há 15 anos
Sem comentários:
Enviar um comentário