sexta-feira, 20 de novembro de 2009

20 de Novembro do 2009: 20 anos cumplidos!! Día Internacional dos Dereitos dos nenos


¿Qué é un neno? Un neno é, ao mesmo tempo, a verdade coa cara sucia, a beleza cunha cortada nun dedo, a sabiduría cun chicle no pelo e a esperanza do futuro!!!



Os nenos teñen uns dereitos que todos debemos coñecer e respetar!!!

O tratado internacional máis ratificado da historia (Os Dereitos dos nenos) cumpre o venres 20 anos.

Tras este tempo, moitos son os avances conseguidos, como a redución da mortalidade infantil, pero aínda queda moito por facer: a fame, a pobreza, as enfermidades ou a violencia seguen ameazando os menores.

A Convención establece catro dereitos fundamentais: a non discriminación; o interese superior do neno como consideración primordial nos asuntos que o afectan; os dereitos á vida, a supervivencia e o desenvolvemento; e o respecto polas opinións dos menores.
Debemos ser conscintes de todo isto, os nenos son o noso futuro!!
Vanessa B.
Mestra 4º Infantil

sexta-feira, 13 de novembro de 2009

A TRADICIÓN ORAL



No cole, celebramos o día da TRADICIÓN ORAL. Retomamos contos, lendas, poesías, refráns...galegos dos nosos avós e avoas e recitámolas para outros nen@s...(Para os papis, na páxina http://www.galiciaencantada.com/ (enciclopedia da fantasía popular galega) e tamén en http://www.galespa.com.ar/ tedes moita literatura oral, fábulas,...galegas)
.

sexta-feira, 6 de novembro de 2009

FESTA DO MAGOSTO (unha tarde chuviosa de novembro...)




Mirade o monstruo creado pola mestra Rosa...tiñámoslle que dar de comer castañas!!goloso!!!

Festa do MAGOSTO (unha tarde chuviosa de novembro...)











e tamén celebrámos o Magosto!!fixemos xogos, comemos moitas castañas e bailamos ata reventar!!!pasámolo moi ben con tódolos profes que están...un pouco chiripitiflauticos!!

sexta-feira, 30 de outubro de 2009

Samaín...aquí estamos!!!!!!!!dando moito medo!!


Cabaza, cabaciña, non viches por aí unha velliña?













Mirade cómo quedaron os nosos disfraces de cabazas!!!feitos por nós!!!! polos nenos de 4º!!

Samaín


os pequenos arquitectos de 4º de Educación Infantil fixemos os nosos propios disfraces de cabazas...para que vexades!!!

samaín


o venres 6 de novembro celebramos no CEIP ARQUITECTO CASAS NOVOA o Samaín, a nosa festa das cabazas...e pasámolo de medo!!!