sexta-feira, 11 de junho de 2010

A CASA DOS PEIXES NA CORUÑA!!!!

Hoxe fomos de excursión á CASA DOS PEIXES na Coruña e pasámolo xenial!!!Aínda que choveu moito e non puidemos desfrutar dos golfiños...pero..desfrutamos doutros animaliños do mar como polbos, estreliñas, medusas, raias, cabaliños, "nemos" e ata de Gastón!!!un tiburón touro macho que mide 3 metros e pesá máis de 100 quilos!!!ooooooooohhhhhhhhhh!!!

O Aquarium Finisterrae atópase na beira do oceáno Atlántico, a carón do histórico faro da Torre de Hércules.Toda a costa galega nun museo: na Casa dos Peixes tamén viven os pescadores, os mercados, as cancións mariñeiras... Incluso o espectacular entorno natural é unha parte máis do museo.

Recomendámoslle a todo o mundo que o visite porque a verdade é que é espectacular!!!!!

quinta-feira, 10 de junho de 2010

quarta-feira, 9 de junho de 2010

APRENDENDO A RECICLAR

APRENDENDO A RECICLAR

A UNESCO declarou o 17 de maio DÍA MUNDIAL DA RECICLAXE, pero todos os días son bos para intentar mellorar este hábito.
A través do proxecto "A CONTAMINACIÓN É UN MONSTRO" intentamos desenvolver nos nenos e nenas a súa conciencia ecoloxista e o respeto pola natureza.
Cada vez tomamos máis en serio o tema da reciclaxe. Segundo o Informe Monitor sobre Separación e Reciclaxe de Residuos 2009 de Ecoembes as mulleres están máis concienciadas que os homes (84% frente ao 82%). Ademais son os maiores de 45 anos os que máis reciclan 86%.
A partir dos 3 anos os nenos e nenas poden ir aprendendo a reciclar e a reutilizar. Recordade que o exemplo dos adultos é fundamental!!!